Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde Oficina Virtual do Profesional
CASTELLANO | GALEGO
Ayuda
 

Solicitude de baixa

Nesta parte da aplicación imos indica-la maneira que teñen os usuarios para darse de baixa no sistema de provedores do Servizo Galego de Saúde.

Pantalla de datos

A pantalla de introdución de datos ten o aspecto que se mostra a continuación:

Formulario de solicitude de baixa
Formulario de solicitude de baixa

A descrición de cada un dos campos que aparecen na pantalla é a seguinte:

Datos da empresa

  • Identificación empresa : CIF o NIF da empresa.O formato do CIF está composto por 1 letra y 8 díxitos, deben ser introducidos por esa orde, sen espazos nin ningún outro carácter. O formato do NIF está composto por 8 díxitos e unha letra, deben ser introducidos por esa orde, sen espazos nin ningún outro carácter.
  • Nome comercial: Nome comercial da empresa

Datos do solicitante:

  • Nombre solicitante: Nome do solicitante da baja.
  • NIF solicitante: NIF do solicitante da baixa.
  • Cargo solicitante: Cargo na empresa que ostenta o solicitante da baixa.
  • Correo electrónico solicitante:Correo electrónico do solicitante da baixa. Se o mail non cumpre o formato dun mail válido móstrase unha mensaxe ó usuario indicando que a dirección de mail non é válida. Ademais se a dirección de correo non existe ó enviala solicitude, móstrase unha mensaxe ó solicitante indicando que a dirección de correo electrónico proporcionada non existe e non se acepta a solicitude de baixa no sistema.

Datos do usuario que solicita a baixa:

  • Nome e apelidos do usuario
  • NIF usuario
  • Motivo de baixa: Motivo polo cal se solicita a baixa do usuario.
  • Observacións

Opcións dispoñibles

Enuméranse e explícanse as opcións das que se dispón:

  • Aceptar : Envía a solicitude de baixa no sistema cuberta polo solicitante. Unha vez enviada a solicitude correctamente, é necesario permitir ás empresas que poidan visualizar por pantalla o FAX que deberán remitir o Servicio Galego de Saúde.

    Solicitude de baixa
    Solicitude de baixa

    Se pulsamos na ligazón mostrarase o FAX correspondente:

    Solicitude de baixa - Fax
    Solicitude de baixa - FAX

  • Cancelar: Cancela o envío da solicitude de baixa e redirixe ó usuario á pantalla de presentación.