Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde Oficina Virtual do Profesional
CASTELLANO | GALEGO
Ayuda
 

Catálogo de Productos

Catálogo Sergas

Pantalla de Datos

A funcionalidade de Catálogo Sergas consta de tres pantallas diferentes: listaxe de grupos, listaxe de subgrupos e listaxe de familias.

A pantalla de datos da listaxe de grupos móstrase a continuación:

Catálogo Sergas - Listaxe de Grupos
Catálogo Sergas – Listaxe de Grupos

De cada grupo de productos aparece a seguinte información:

  • Código: Código asignado a ese grupo
  • Descrición: Información básica que describe a ese grupo.

Enriba da listaxe aparece o texto [Grupos] para indicar en que pantalla nos atopamos nese momento.

Tanto o código coma a descrición dos grupos teñen unha ligazón para acceder á pantalla de subgrupos pertencentes a ese grupo.

A pantalla da listaxe de subgrupos móstrase a continuación:

Catálogo Sergas - Listaxe de Subgrupos
Catálogo Sergas – Listaxe de Subgrupos

Na parte superior da listaxe aparece o texto [Grupos] [Subgrupos] para indicar en que pantalla nos atopamos neste momento. O texto [Grupos] ten unha ligazón asociada que devolve á páxina de Grupos.

Ao lado do texto Grupo hai un campo de selección que permite escoller entre todos os grupos existentes. Se se selecciona un grupo diferente, a pá recargarase automaticamente e verase a listaxe de subgrupos do grupo seleccionado.

De cada subgrupo de productos aparece a seguinte información:

  • Código: Código asignado a ese subgrupo
  • Descrición: Información básica que describe a ese subgrupo.

Tanto o código coma a descrición teñen unha ligazón asociada que dirixe a unha nova pantalla na que se ve unha listaxe de todas as familias de productos pertencentes a ese subgrupo.

A pantalla da listaxe de familias móstrase a continuación:

Listaxe de Familias
Catálogo Sergas – Listaxe de Familias

Na parte superior da listaxe aparece o texto [Grupos] [Subgrupos][Familias] para indicar en que pantalla nos atopamos neste momento. O texto [Grupos] ten unha ligazón asociada que devolve á páxina de Grupos e o texto [Subgrupos] ten unha ligazón que dirixe á páxina de Subgrupos

Ao lado do texto Grupo pódese ver o nome de grupo ao que pertence a familia.

A continuación, hai un texto Subgrupo asociado a un campo de selección que permite escoller entre todos os subgrupos existentes descendentes do grupo ao que pertence a familia actual. Se se selecciona un subgrupo diferente, a páxina recargarase automaticamente e verase a listaxe de familias do subgrupo seleccionado.

De cada familia de productos aparece a seguinte información:

  • Código: Código asignado a ese grupo
  • Descrición: Información básica que describe a esa familia de productos.