Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde Oficina Virtual do Profesional
CASTELLANO | GALEGO
Ayuda
 

Catálogo Produtos - Consultar referencias

Detalle da Ficha Comercial

Nesta páxina consúltase o detalle dunha ficha comercial á que se accede utilizando a ligazón +info situada na última columna da listaxe da funcionalidade de consulta de referencias.

Pantalla de Datos

Detalle Ficha Comercial

Catálogo Provedor- Detalle Ficha Comercial

  • Ficha Comercial
    • D. Actualización: data da última actualización do produto polos catalogadores do Sergas.
    • Referencia: código único, alfanumérico, asinado polo provedor ao produto.
    • Denominación: denominación común do produto que figura no catálogo do provedor para a referencia de que se trate.
    • Ref. Fabric.: referencia coa que o fabricante denomina o produto. Só se mostrará no caso de que sexa diferente á referencia do provedor.
    • Fabricante: nome da empresa que fabrica o produto.
    • Marca: marca comercial do produto.
    • Máquina: máquinas ás que pode estar asociado un produto.
    • Modelo: modelo do produto.
    • Grupo CEE: grupo de clasificación do produto segundo a normativa europea para produtos sanitarios.
  • Ubicación no Catálogo Sergas
    • Grupo: código e nome do grupo ó que pertence o produto.
    • Subgrupo: código e nome do subgrupo ó que pertence o produto.
    • Familia: código e nome da familia a que pertence o produto.
    • Artigo: código e denominación xenérica do produto no catálogo do Sergas e dos centros vinculados.
  • Características Produto
    • Látex: campo que indica se o produto contén látex nalgún dos seus compoñentes.
    • Medida ou Determ.: medidas asociadas ao produto.
    • Estéril: campo que indica se o produto se presenta esterilizado.
    • Conservación: campo que indica se o produto necesita refrixeración ou non.
    • Temperatura: rango de temperaturas ás que debe ser almacenado o produto.
    • Un só uso: campo que indica se o produto é desbotable ou se, pola contra, é desbotable.
  • Ficha Loxística
    • Unidade de Medida Básica: unidade de medida básica na que o provedor suministra o produto. En xeral, será a unidade.
    • Unidade Mínima de Envasado: unidade mínima de envasado na que o provedor suministra o produto.
    • Unidade Mínima de Venta: unidade mínima de venta na que o provedor suministra o produto.
    • GTIN Simbolizado: indica se o código GTIN está impreso na embalaxe do produto.
    • Tipo Simbolizado: indica o tipo de simbolizado do código GTIN.
  • Códigos GTIN
    • GTIN: código GTIN asociado ao produto.
    • Cantidade Unidade Envasado : Número de unidades que identifican o GTIN.
    • Contido: embalaxe da unidade de venta do produto.
    • Pedido: indica si se pode facer ou non o pedido para este tipo de unidade.
    • obtener excel: permite obter unha folla excel da lista de GTINs asociados á referencia. Esta folla pódese utilizar como base para a carga masiva de GTINs eliminando todas as celas que non forman parte da listaxe.

Opcións dispoñibles

Enuméranse e explican as opcións dispoñibles:

  • Volver: permite ir á páxina de busca do catálogo de produtos dun provedor.
  • Modificar: pulsando no botón grávase ou modifícase unha solicitude de cambio.
  • Anular: permite anular unha solicitude de cambio pendente.

Documentación Asociada

Na parte superior do detalle da ficha comercial atópase unha ligazón denominada Documentación Asociada que permite acceder á pantalla de consulta da documentación dunha determinada referencia.

Dentro da documentación que pode acompañar a unha referencia distínguense dous tipo:

  • Arquivos: poden ser imaxes (jpg e gif) ou ficheiros en pdf.
  • Enderezos URL : correspóndense cunha URL (enderezo web)

Pantalla de Datos

Documentación Asociada

Catálogo Provedor- Documentación Asociada

As columnas mostradas na lista de documentos son:

  • Documento/Enderezo: nome do documento ou URL da dirección
  • Descrición: descrición incluída no momento de anexar a documentación

 

Opcións dispoñibles:

Enuméranse e explican as opcións dispoñibles:

  • Volver: Permite ir ao detalle da ficha comercial que se está consultando.
  • Aceptar: permite crear unha nova solicitude de alta de documentación
  • Examinar: permite seleccionar un ficheiro á hora de crear unha solicitude de documentación de alta
  • bton baja: crear unha solicitude de baixa para un determinado documento

Así mesmo é posible obter/abrir unha instancia do documento almacenado premendo sobre o nome do ficheiro/url ou sobre a descrición do mesmo.