Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde Oficina Virtual do Profesional
CASTELLANO | GALEGO
Ayuda
 

Catálogo Produtos - Carga Masiva

Carga Masiva de Referencias

Nesta pantalla realízase a carga masiva de solicitudes de referencia. O proceso realízase nos seguintes pasos:

Carga Masiva Referencias - Formulario

Carga Masiva - Carga Masiva de Referencias

Obter a plantilla de solicitudes

En primeiro lugar deberase obter unha plantilla sobre a que introducir a información das referencias sobre as que realizar as solicitudes.

Hai dúas posibilidades que permiten obter unha plantilla:

  • obter unha plantilla xenérica na propia pantalla desta funcionalidade a través da ligazón disposta para tal fin (aparecen marcadas noutra cor e co símbolo (*) as cabeceiras que se poden modificar), ou
  • exportar a excel as referencias sobre as que se desexa traballar a través da funcionalidade de consulta de referencias. É necesario destacar que NON se pode modificar a orde dos campos, debendo manter a que presenta o documento de igual maneira que tódolos campos introducidos deben ser de tipo texto

A segunda opción ten a vantaxe de obter unha excel cos datos do catálogo no seu interior.

Carga Masiva Referencias - Plantilla

Carga Masiva - Carga Masiva Referencias- Plantillas

Completar a plantilla

Unha vez obtida a folla excel sobre a que traballar compre completala. É necesario destacar que NON se pode modificar a estructura da mesma, respetarase a orde dos campos e, todos os campos terán que ser de tipo Texto. Para iso débese ter en conta os campos sensibles a cambios para xerar a solicitude. Estes campos son:

  • Ficha Comercial
    • Referencia: indica a referencia sobre a cal realizarase a solicitude de baixa ou cambio. Se a solicitude de cambio inclúe cambio na referencia de provedor o campo Nova Referencia deberá estar cuberto e ser distinto a este. É un campo que é necesario cubrir.
    • Nova Referencia: se inclúe algún valor créase unha solicitude de cambio que inclúe un cambio na referencia. Debe ser xustificado dende o detalle da referencia (anexandolle documentación).
    • Baixa: indica se a solicitude é de baixa. Só debe completarse cando se desexe dar de baixa unha referencia. Noutro caso deberá ser baleiro. Pode tomar o seguinte valor:
      • S: crea unha solicitude de baixa para a referencia.
    • Denominación Provedor: denominación común do produto que figura no catálogo do provedor para a referencia de que se trate. Só debe completarse cando se desexe modificar o seu valor.
    • Ref. Fabric.: referencia coa que o fabricante denomina o produto. Só debe completarse cando se desexe modificar o seu valor.
    • Marca: marca comercial do produto. Só debe completarse cando se desexe modificar o seu valor.
    • Modelo: modelo do produto. Só debe completarse cando se desexe modificar o seu valor.
    • Código Grupo CEE: código do grupo de clasificación do produto según a normativa europea para produtos sanitarios. Só debe completarse cando se desexe modificar o seu valor. Poder tomar os seguintes valores:
      • I    : Indica que o grupo CEE é Clase I
      • IIA : Indica que o grupo CEE é Clase IIA
      • IIB : Indica que o grupo CEE é Clase IIB
      • III  : Indica que o grupo CEE é Clase III
      • LA  : Indica que o grupo CEE é Lista A
      • LB  : Indica que o grupo CEE é Lista B
  • Características Producto
    • Látex: campo que indica si o produto conten látex nalgúns dos seus compoñentes. Só debe completarse cando se desexe modificar o seu valor. Valores que pode conter:
      • S: Si
      • N: Non
      • P: Pendente
    • Estéril: indica si o produto presentase esterilizado. Só debe completarse cando se desexe modificar o seu valor. Valores que pode conter:
      • S: Si
      • N: Non
      • P: Pendente
    • Conservación: indica si o produto necesita refrixeración. Debe completarse sempre. Valores que pode conter:
      • S: Si
      • N: Non
    • Temperatura Mínima: indica a temperatura mínima na que debe ser almacenado un produto. Se o campo conservación ten valor Non, deberá ser valeiro. Só debe completarse cando se desexe modificar o seu valor e o campo conservación teña o valor Si.
    • Temperatura Máxima: indica a temperatura máxima na que debe ser almacenado un produto. Se o campo conservación ten valor Non, deberá ser valeiro. Só debe completarse cando se desexe modificar o seu valor e o campo conservación teña o valor Si.
  • Ficha Loxística
    • U.M.V Código de unidade: código da unidade mínima de venda. Só debe completarse cando se desexe modificar o seu valor. Poder tomar os seguintes valores:
      • BD: Bidon
      • FO: Folla
      • BL: Bolsa
      • EN: Envase
      • BO: Bote/Botes
      • BS: Blister
      • BT: Botella
      • C2: Centímetros Cadrados
      • C3: Centímetros Cúbicos
      • CA: Caixa
      • CM: Centímetros
      • DE: Determinacións
      • FR: Frasco
      • GF: Garrafa
      • GR: Gramo
      • XO: Xogo
      • KG: Quilo/Quilogramo
      • KT: Kit
      • LT: Litro
      • M2: Metro Cadrado
      • M3: Metro Cúbico
      • ML: Mililitro
      • MM: Milimetro
      • MT: Metro
      • PQ: Paquete
      • PR: Par/Pares
      • RL: Rolo
      • SB: Sobre
      • SE: Set
      • TB: Tubo
      • TL: Talonario
      • UN: Unidade
      • VL: Vial
    • U.M.V. De: cantidade da unidade mínima de venda. Só debe completarse cando se desexe modificar o seu valor.
    • U.M.E. Código de unidade: código da unidade mínima de envasado. Só debe completarse cando se desexe modificar o seu valor. Poder tomar os seguintes valores:
      • BD: Bidon
      • FO: Folla
      • BL: Bolsa
      • EN: Envase
      • BO: Bote/Botes
      • BS: Blister
      • BT: Botella
      • C2: Centímetros Cadrados
      • C3: Centímetros Cúbicos
      • CA: Caixa
      • CM: Centímetros
      • DE: Determinacións
      • FR: Frasco
      • GF: Garrafa
      • GR: Gramo
      • XO: Xogo
      • KG: Quilo/Quilogramo
      • KT: Kit
      • LT: Litro
      • M2: Metro Cadrado
      • M3: Metro Cúbico
      • ML: Mililitro
      • MM: Milimetro
      • MT: Metro
      • PQ: Paquete
      • PR: Par/Pares
      • RL: Rolo
      • SB: Sobre
      • SE: Set
      • TB: Tubo
      • TL: Talonario
      • UN: Unidade
      • VL: Vial
    • U.M.E. de: cantidade da unidade mínima de envasado. Só debe completarse cando se desexe modificar o seu valor.
    • GTIN simbolizado: indica se o código GTIN está impreso na embalaxe do produto. Debe completarse sempre. Pode tomar os seguintes valores:
      • S: Si
      • N: Non
    • Tipo Simbolizado: indica o tipo de simbolizado do código GTIN. Só debe completarse cando GTIN simbolizado teña valor. Pode tomar os siguintes valores:
      • GS1-128: Tipo codificación GS1-128
      • GTIN-13: Tipo codificación GTIN-13

Enviar a plantilla

Tras completar a plantilla cos cambios desexados debe ser enviada ao sistema para ser procesada. Para iso, dentro da pantalla da funcionalidade, débese proporcionar a ruta á folla excel introducindo a devandita ruta no campo Subir Arquivo ou seleccionando o arquivo mediante o botón Explorar. A continuación, débese premer o botón Aceptar para confirmar o envío.

Carga Masiva Referencias - Resultados

Carga Masiva - Carga Masiva Referencias- Resultado Proceso

Cada proceso de carga xera un informe en pantalla onde se mostra o resultado da operación indicando:

  • Número de cambios de referencia: indica o número de solicitudes que implican un cambio no código de referencia da ficha comercial creadas. Lembre que é necesario xustificalas, axuntándolle documentación.
  • Número de baixas: indica número de solicitudes de baixa creadas
  • Número de cambios: indica o número de solicitudes de cambio que non inclúen un cambio na referencia da ficha comercial creadas
  • Número de rexistros non procesados : indica cantos rexistros foron non procesados.

Asociados a cada grupo móstranse unha serie de controis que permiten:

  • desplegar listado: despregar unha listaxe co resultado do procesamento individual de cada fila
  • contraer listado: contraer a listaxe despregada

Carga Masiva Referencias - Resultados Carga

Carga Masiva - Carga Masiva Referencias- Resultados

Opcións dispoñibles

Enuméranse e explícanse as opcións dispoñibles:

  • Aceptar: confirma o envío dun cadro de persoal con solcitudes para o seu procesamento
  • Limpar: permite limpar a pantalla
  • Examinar: abre o explorador de arquivos do navegador