Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde Oficina Virtual do Profesional
CASTELLANO | GALEGO
Ayuda
 

Solicitude de alta/cambio

Nesta parte da aplicación descríbese a funcionalidade que permite ós usuarios realizar a solicitude de alta ou cambio de datos na Oficina Virtual do Provedor.

Pantalla de datos

A pantalla de introdución de datos ten o aspecto que se mostra a continuación:

Solicitude de alta
Solicitude de Alta

A descrición de cada un dos campos que aparecen na pantalla é a seguinte:

Tipo de Solicitude a realizar

  • Alta: permite realizar unha solicitude de alta para novos usuarios e entidades.
  • Cambio: permite realizar unha solicitude de cambio de datos para aqueles usuarios dun proveedor dados de alta no sistema.

Datos da Empresa

  • Identificación empresa: Identificación da empresa. O formato do CIF está composto por 1 letra e 8 díxitos, deben ser introducidos por ese orden, sen espazos e sen ningún outro carácter. O formato do NIF está composto por 8 díxitos e unha letra, deben ser introducidos por ese orden, sen espazos e sen ningún outro carácter, ademais verifícase a letra do NIF.
    • O usuario deberá indicar que tipo de dato vai a introducir, CIF, NIF ou outro tipo de documento.
  • Nome comercial: Nome comercial da empresa
  • Tipo de empresa: Permite seleccionar o tipo de empresa que vai a realizar a solicitude de alta/cambio. Distinguense dous tipo de empresa: Provedores e Cesionarios de Crédito
Datos do usuario
  • Nome e apelidos do usuario: Nome e apelidos do usuario que desexa solicitala alta no módulo privado da aplicación.
  • NIF usuario: NIF do usuario que solicita á alta no sistema
  • Chave Usuario: Clave proposta polo usuario para acceder ó sistema
  • Confirmar chave usuario: Confirmación da clave proposta polo usuario para acceder ó sistema.
  • Acceso a: No caso de empresas de tipo Provedor, é necesario indicar o nivel de acceso do usuario. Realizaráse marcando Xestión Económica, Xestión Aprovisionamento ou ámbalas dúas opcións. Para as entidades de tipo Cesionario de Crédito quedarán sen marcar.
  • Correo electrónico usuario:Correo electrónico do usuario que solicita o alta. Se o correo electrónico non cumpre o formato dun correo electrónico válido móstrase unha mensaxe ó usuario indicando que a dirección de correo electrónico non é válida e non se envía a solicitude. Ademais, se a dirección de correo non existe ó intentar enviala solicitude, móstrase unha mensaxe ó usuario indicando que a dirección de correo electrónico proporcionada non existe e non se acepta a solicitude de alta no sistema.
  • Cargo na empresa do usuario: Cargo que ostenta na empresa o usuario que solicita o alta no servizo.
  • Teléfono: Teléfono de contacto do usuario que solicita a alta.
  • Fax: Fax do usuario que solicita a alta.
  • Observacións: Calquera observación que o usuario desexe enviar xunto coa súa solicitude de alta.
  • Condicións de uso: Campo que é necesario que marque o usuario para poder ser dado de alta. Indica que acepta as condición de uso do sistema.

O primeiro paso para realizar a solicitude é a selección do tipo de solicitude a realizar, alta ou cambio. Despóis o CIF/NIF da empresa, que se corresponden co segundo campo da lista. Ó introducir o valor deste campo, a aplicación accede á base de datos e verifica se o CIF/NIF introducido xa existe; se é así, recupérase o nome da empresa e tipo de empresa, móstrase nos campos “Nome empresa”e "Tipo de empresa" respectivamente .

Solicitude de Alta - Existe provedor
Solicitude de Alta - Existe empresa

Se polo contrario, o CIF/NIF non existe, procédese a realizala solicitude de alta dunha nova empresa no sistema e habilítanse na parte inferior novos campos asociados á nova empresa. Os novos campos recollidos son:

  • Código bancario: As entidades bancarias teran que completar este campo Para o resto das empresas este campo no se cumplimentará.
  • Razón social: razón social da empresa; campo obrigatorio
  • País:país orixinario da empresa; campo obrigatorio
  • Página web: páxina web da empresa
  • Grupo empresarial: grupo empresarial ó que pertence a empresa
  • Datos do responsable comercial:
    • Nombre e apelidos do comercial
    • Cargo na empresa do comercial
    • Dirección postal
    • País
    • Provincia
    • Poboación
    • Código postal
    • Teléfono
    • Fax
    • Correo electrónico comercial

Solicitude de Alta - Non existe provedor
Solicitude de Alta - Non existe a empresa

Opcións dispoñibles

Enuméranse e explícanse as opcións dispoñibles:

  • Aceptar: Envía a solicitude de alta ou cambio no sistema cuberta polo usuario. Unha vez enviada a solicitude correctamente, é necesario permitir ás empresas que poidan visualizar por pantalla o FAX que deberan remitir ó Servicio Galego de Saúde. Mostrarase unha mensaxe cun enlace que lles dará a posibilidade de amosar ou non o FAX xerado. En xeral, o comportamento das solicitudes de alta e cambio é análogo salvo as restriccións que implica esta última. (Usuario dun proveedor, rexistrado e non bloqueado)

    Solicitude de alta - Visualizar o FAX
    Solicitude de alta - Visualizar o FAX

    Se acepta amosarase o FAX correspondente:

    Solicitud de Alta -  FAX
    Solicitude de Alta - FAX

    Cando se intenta rexistrar unha nova solicitude co mesmo Identificador da empresa e NIF do cliente que algunha outra solicitude existente poden ocorrer os seguintes casos:

    • Se as solicitudes, de alta ou cambio xa rexistradas, non teñen ningunha data cuberta: mostrarase a mensaxe de que existe una solicitude en trámite, e cargaranse os datos da última solicitude no formulario. Estes datos poderanse modificar.

      xa hai solicitude de alta en trámite
      xa hai solicitude de alta en trámite

    • Se algunha das solicitudes xa rexistradas ten cubertas as datas: mostrarase unha mensaxe de que existe unha solicitude en trámite, e poderase cancelar a solicitude, ou ben, crear unha solicitude nova.

      Solicitude de Alta - Xa hai solicitude de alta en trámite con datas cubertas
      Solicitude de Alta - Xa hai solicitude de alta en trámite con datas cubertas

    • Se xa existe o par (CIF empresa, NIF usuario) como usuario activo (non bloqueado por calquera motivo) non se permitirá xerar a nova solicitude de alta e mostrarase unha mensaxe avisando de que o usuario xa está rexistrado no sistema e non se poderá solicitar a alta para este.

      Solicitude de Alta - Visualizar o FAX
      Solicitude de Alta - Usuario xa rexistrado no sistema

    • Se xa existe o par (CIF provedor, NIF usuario) como usuario activo ou esta inactivo por caducidade de sesión ou baixa no sistema, poderase realizar unha solicitude de cambio nos datos do usuario do provedor.

      Solicitude de Cambio - Visualizar o FAX
      Solicitude de Cambio - Procesando a solicitude

    • No caso de que non exista o par (CIF proveedor, NIF usuario) como usuario non se poderá solicitar un cambio de datos para o mesmo, mostrándose unha mensaxe de error en caso de intentalo.

      Solicitude de Cambio - Usuario non rexistrado
      Solicitude de Cambio - Usuario non rexistrado no sistema

    • No caso de que a conta do usuario esté bloqueada por baixa ou caducidade non se poderá solicitar un cambio de datos para o mesmo, mostrándose unha mensaxe de error en caso de intentalo.

      Solicitude de Cambio - Usuario non rexistrado
      Solicitude de Cambio - Usuario cá conta bloqueada por baixa ou caducidade

    • Se é unha solicitude de cambio e o usuario que realiza a solicitude é un usuario dun cesionario, non se podera realizar dita solicitude, mostrandose a mensaxe de error correspondente.

      Solicitude de Cambio - Solicitude dun cesionario
      Solicitude de Cambio - Usuario dun cesionario

    • Se é unha solicitude de cambio e os tipos de acceso seleccionados coinciden cos da conta do usuario que realiza a solicitude, mostrarase unha mensaxe indicando que se debe introducir algun cambio en dito campo para poder realizar a solicitude.

      Solicitude de Cambio - Os tipos de acceso coinciden cos da conta do usuario
      Solicitude de Cambio - Os tipos de acceso coinciden cos da conta do usuario

  • Cancelar : Cancela o envío da solicitude de alta e redirixe ó usuario a pantalla de presentación.