Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde Oficina Virtual do Profesional
CASTELLANO | GALEGO
Ayuda
 

Seguridade

Lista de usuarios

Esta páxina permítenos buscar tódolos usuarios que se encontran asociados á empresa ca que se accedeu o sistema. Se non existe ningún usuario infórmase cunha mensaxe.

Resultados da busca

Nesta pantalla móstrase o resultado dunha busca dos usuarios asociados a unha empresa, en función da empresa ca que se accedeu o sistema.

Pantalla de datos

Lista de  usuarios asociados ó provedor
Lista de usuarios asociados ó provedor

No resultado da busca móstrase información xeral dos usuarios que cumpren a condición de busca. As columnas mostradas na lista de usuarios son:

  • NIF
  • Nome
  • Cargo
  • Email
  • Data do último acceso
  • Hora do último acceso
  • Estado
  • Acceso

Opcións dispoñibles

Enuméranse e explican as opcións dispoñibles:

  • Lista: Liña de estado que nos indica o intervalo mostrado actualmente na lista de entre o total de resultados da busca, cando o resultado da busca é superior ó tamaño do formulario.
  • Seguinte: Botón que accede ó conxunto de elementos seguinte. Cando non hai máis elementos non se mostra ó usuario
  • Anterior: Botón que accede ó conxunto anterior de elementos. Cando non hai elementos non se mostra ó usuario
  • Principio: Botón que accede ó inicio. Cando estamos ó principio non se mostra ó usuario
  • Final: Botón que accede ó final da lista. Cando estamos ó final non se mostra ó usuario
  • Baixa: Permite solicita-lo formulario de baixa dun usuario. O informe xerado terá que  enviarse correctamente ó Servicio Galego de Saúde para tramitar correctamente a baixa.

O formato do formulario xerado é o seguinte:

Formulario  de baixa de usuarios
Formulario de baixa de usuarios