Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde Oficina Virtual do Profesional
CASTELLANO | GALEGO
Ayuda
 

Catálogo Produtos - Consultar referencias

Filtros de Busca

Esta páxina permite buscar todas os produtos que a empresa lle proporciona ao Sergas. Na seguinte imaxe amósanse os filtros de busca que poden ser aplicados:

Pantalla de Datos

Catálogo Provedor - Filtro de Busca
Catálogo Provedor – Filtro de Busca sen datos

Catálogo Provedor - Filtro de Busca con Datos
Catálogo Provedor – Filtro de Busca con valores

A descrición de cada un dos campos que aparecen na pantalla é a seguinte:

  • Grupo: Mostra todos os grupos de produtos que o provedor proporciona ao Sergas. Se non se selecciona ningún buscarase en todos os grupos de produtos.
  • Subgrupo: Mostra todos os subgrupos de produtos que o provedor proporciona ao Sergas para un determinado grupo. Este campo está sen valores, por defecto, no momento no que se seleccione un grupo o campo recargarase e mostrará todos os subgrupos de produtos pertencentes ao grupo seleccionado.
  • Familia: Mostra todos as familias de produtos que o provedor proporciona ao Sergas para un determinado grupo e subgrupo. Este campo está sen valores ata que non hai seleccionado un grupo e un subgrupo. No momento no que se seleccione un subgrupo, este campo recargarase e mostrará as familias pertencentes ao subgrupo seleccionado.
  • Código GTIN: Código que identifica a un produto concreto.
  • Referencia: Referencia asinada a un determinado produto.
  • Denominación: Nome asociado ao produto.

Enuméranse e explícanse as opcións dispoñibles:

  • Buscar: Executa a busca aplicando os criterios de busca establecidos.
  • Limpar: Limpa tódolos campos de busca.