Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde Oficina Virtual do Profesional
CASTELLANO | GALEGO
Ayuda
 

Catálogo Produtos - Obter códigos GTIN

Obter códigos GTIN

A través desta pantalla poderase obter un listado de todo o conxunto de códigos GTIN activos asociados a un provedor. Amosaranse tanto os códigos GTIN asociados a referencias catalogadas como todos aqueles que non o están.

Obter códigos GTIN – Formulario

Catálogo Provedor - Obter Códigos GTIN

Obter o listado de códigos GTIN

Para obter o listado de códigos GTIN será necesario premer na ligazón facilitada no formulario: Prema aquí para obter o listado de códigos GTIN.

O listado exportarase hacia unha folla excel que amosará a seguinte información dos códigos GTIN:

  • Referencia Provedor: código único, alfanumérico, asinado polo provedor ao produto
  • Baixa: columna común nos listados de códigos GTIN existentes no sistema (neste listado non é relevante)
  • Denominación Provedor: denominación común do produto que figura no catálogo do provedor para a referencia de que se trate
  • GTIN: código GTIN asociado ao produto
  • Cantidade Unidade Envasado: número de unidades que identifican o GTIN
  • Contido: embalaxe da unidade de venta do produto
  • Pedido: indica si se pode facer ou non o pedido para este tipo de unidade
  • Código Artigo: a existencia deste valor indica se o código GTIN está catalogado ou non
  • Data Carga en Catálogo Sergas: a existencía deste valor dará información sobre se o código GTIN está obsoleto

O listado terá a mesma estructura que o resto de listados existentes na aplicación, polo que nas primeiras liñas amosarase:

  • Data e Hora: Data e hora na que se imprime o listado
  • Avisos Importantes: Textos que informan sobre cuestións de relevancia na xestión de follas excel

As cabeceiras das columnas que amosan información, dos códigos GTIN, susceptible de ser modificada aparecen marcadas noutra cor e co símbolo (*) do mesmo xeito que o resto dos listados

O listado xerado na aplicación terá o seguinte aspecto:

Obter códigos GTIN – Listado

Catálogo Provedor - Obter Códigos GTIN - Listado