Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde Oficina Virtual do Profesional
CASTELLANO | GALEGO
Ayuda
 

Catálogo Produtos - Consultar referencias

Solicitudes de GTINs

Os provedores van a poder realizar tres tipos de solicitudes de GTINs:

  • Alta: permite solicitar un novo GTIN dunha referencia
  • Cambio: permite solicitar un cambio nos datos dalgún GTIN dunha referencia
  • Baixa: permite solicitar a baixa dalgún GTIN dunha referencia

 

Creación de solicitudes de alta

As solicitudes de alta de GTINs realízanse desde o detalle da ficha comercial das referencias. A través da ligazón Novo GTIN accédese á pantalla que permite crear unha nova solicitude de alta.

Solicitude de Alta GTIN - Formulario

Catálogo Provedor- Solicitude de alta de GTIN

Os campos que hai que completar son:

  • GTIN: código GTIN asociado ao produto (campo obrigatorio).
  • Cantidade Unidade Envasado: Número de unidades que identifican o GTIN (campo obrigatorio).
  • Contido: embalaxe da unidade de venda (campo obrigatorio).
  • Pedido: indica se se pode facer ou non pedidos (campo obrigatorio).

Unha vez completados os campos pulsarase o botón Aceptar para crear a solicitude. Premendo no botón Volver regresarase á pantalla do detalle da ficha comercial.

As solicitude de alta en curso creada identificaranse dentro da listaxe de GTINs do detalle da ficha comercial coa icona solicitud alta documentación.

Detalle Ficha Comercial - Litaxe GTINs

Catálogo Provedor- Solicitude de alta de GTIN

Creación de solicitudes de cambio

Para crear unha solicitude de cambio de GTIN débese acceder ao detalle dunha ficha comercial concreta. Na listaxe de GTINs asociados á referencia pulsarase sobre o GTIN que se desexa modificar para acceder á pantalla de modificación.

Os campos que se poden modificar son:

  • Cantidade Unidade Envasado: Número de unidades que identifican o GTIN (campo obrigatorio).
  • Contido: tipo de embalaxe do GTIN (campo obrigatorio).
  • Pedido: indica se se poden realizar pedidos do GTIN (campo obrigatorio).

Solicitude Cambio GTIN - Formulario

Catálogo Provedor - Solicitude de cambio de GTIN

Os campos modificados amosarán unha C para indicar que foron cambiados. Debaixo de cada un destes campos amósase o valor do mesmo no Catálogo Sergas.

Detalle Ficha Comercial - Listaxe GTINs

Catálogo Provedor - Ficha Comercial - Solicitude de cambio de GTIN

As solicitudes de cambio pendente creadas identificaranse dentro da listaxe de GTINs do detalle da ficha comercial por amosar nos campos modificados una C.

Creación de solicitudes de baixa

As solicitudes de baixa dun GTIN realízanse premendo o botón botón baja situado en cada elemento da listaxe de GTINs dunha determinada ficha comercial.

Solicitude Baixa GTIN

Catálogo Provedor - Ficha Comercial - Solicitude de baixa de GTIN

As solicitudes de baixa amósanse na listaxe coa icona icono solicutud baja que indica que ese elemento representa unha solicitude de baixa en curso.

Anular solicitudes de GTIN

Para anular unha solicitude de GTIN débese acceder ao detalle da devandita solicitude e premer o botón Anular.

Anular Solicitud GTIN - Formulario

Catálogo Provedor - Anular solicitude de GTIN