Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde Oficina Virtual do Profesional
CASTELLANO | GALEGO
Ayuda
 

Seguridade - Cambio datos de usuario

Cambio de chave

Esta páxina permítenos cambiar a chave de acceso á aplicación. Para isto é necesario introducir de forma correcta a chave anterior que tiña o usuario e a nova chave pola que se desexa variar. Se non dispoñemos desta información o sistema informaranos de que é necesario introducir dita información. Ademais, no caso de que a nova chave non coincida coa confirmación da mesma o sistema tamén nos amosará unha mensaxe de error.

Entrada de Datos

A entrada de datos realizase nas caixas de texto habilitadas para a chave anterior e para a  chave nova e a súa confirmación:

Cambio de  chave – Introducir anterior e a nova chave
Cambio de chave – Introducir anterior e a nova chave

A descrición de cada un dos campos que aparecen na pantalla é a seguinte:

  • Chave anterior: Chave actual do usuario para acceder á aplicación.
  • Chave nova: Nova chave pola que o usuario quere cambiar a vella. A partir deste momento esta chave será a chave do usuario para acceder á aplicación.
  • Confirmar Chave: Confirmación da nova chave do usuario.

Opcións dispoñibles

Enuméranse e explican as opcións dispoñibles:

  • Confirmar: Realiza o proceso de cambio de chave.
  • Cancelar: Cancela o proceso e volta ó menú principal da parte privada.