Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde Oficina Virtual do Profesional
CASTELLANO | GALEGO
Ayuda
 

Xestión Económica - Extracto de Facturas

Resultado da busca

Nesta pantalla móstrase o resultado dunha busca no extracto de facturas dunha empresa, en función dos criterios de busca seleccionados.

Pantalla de datos

Consultas  – Extracto de facturas: resultado da busca
Consultas – Extracto de facturas dun provedor: resultado da busca

Consultas  – Extracto de facturas: resultado da busca
Consultas – Extracto de facturas dun cesionario: resultado da busca

No resultado da busca móstrase información xeral das facturas que cumpren os filtros de busca. As columnas mostradas na lista de facturas dun provedor son:

  • Exercicio
  • Número de Factura
  • Data da Factura
  • Centro de Xestión
  • Importe
  • Expediente de Contratación
  • Situación da Factura
  • +info: permite acceder ó detalle da factura

As columnas mostradas na lista de facturas dun provedor son:

  • Exercicio
  • Número de Factura
  • NIF do Provedor
  • Nome do Provedor
  • Data da Factura
  • Importe
  • Expediente de Contratación
  • Situación da Factura
  • +info: permite acceder ó detalle da factura

 

Na parte inferior da táboa dos resultados da busca móstrase o total dos importes.

Opcións dispoñibles

  • Liña de estado: Liña de estado que nos indica o intervalo de facturas mostrado actualmente na lista de entre o total de resultados da busca
  • Seguinte: Botón que accede ó conxunto de elementos seguinte. Cando non hai máis elementos non de mostra ó usuario
  • Anterior: Botón que accede ó conxunto anterior de elementos. Cando non hai máis elementos non de mostra ó usuario
  • Primeiro: Botón que accede ó conxunto inicial. Cando nos atopamos ó principio non se mostra ó usuario
  • Último: Botón que accede ó conxunto final da lista. Cando nos atopamos ó final non se mostra ó usuario
  • Imprimir: Botón que permite realizala impresión do informe. Xera un arquivo en formato PDF co resultado da busca
  • Exportar a Excel: Botón que permite exportalo resultado da busca a un arquivo de Microsoft Excel

Tal e como se describiu nas opción dispoñibles, é posible realizala impresión do informe que contén o extracto de facturas, a partires dun arquivo PDF, ou realizala exportación do extracto a un arquivo Excel; tamén e posible realizala ordenación do resultado da busca por varios campos. A continuación móstrase unha captura de pantallas para cada unha destas opcións.

Consultas  – Extracto de facturas: imprimir extracto
Consultas – Extracto de facturas dun provedor: imprimir extracto

Consultas  – Extracto de facturas: imprimir extracto
Consultas – Extracto de facturas dun cesionario: imprimir extracto

Consultas  – Extracto de facturas: exportar extracto a Excel
Consultas – Extracto de facturas: exportar extracto a Excel

O nome do arquivo Excel xerado é ‘ExtractoFacturasAAAAMMDD_NIF.xls’, onde ‘AAAAMMDD’ correspóndese co ano, mes e día no que se xera, e ‘NIF’ é o NIF da empresa.