Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde Oficina Virtual do Profesional
CASTELLANO | GALEGO
Ayuda
 

Introducción

Nesta parte ímonos referir aquelas accións que poden realizar só os usuarios que acceden á parte privada do sistema. Para poder acceder ás funcionalidades desta sección é necesario realizalo proceso de autenticación no sistema.

Cando o usuario accede á parte privada e pasa un certo tempo sen que utilice a aplicación é redirixido á pantalla inicial.

Peche de sesión
Módulo privado – Sesión rematada

Pantalla de datos

A pantalla de datos ten o aspecto que se mostra a continuación:

Pantalla de datos
Módulo privado – Pantalla inicial

Na parte superior da imaxe aparecen, con carácter informativo, os datos xerais do provedor:

  • Nome da empresa: Nome da empresa
  • CIF/NIF: CIF/NIF da empresa
  • ESTADO: Estado actual da empresa, pode ser Activo ou Inactivo
  • CÓDIGO SERGAS: Código asociado polo Servicio Galego de Saúde ó provedor

Na parte central móstranse 2 liñas ca seguinte información:

  • Data último acceso: Indica a data e hora do último acceso do usuario ó sistema (non aparece si se trata do primeiro acceso)
  • Modificacións pendentes: Esta liña só está presente cando o usuario modifica algunha información da empresa e as modificacións aínda non foron confirmadas pola administración