Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde Oficina Virtual do Profesional
CASTELLANO | GALEGO
Ayuda
 

Catálogo Produtos - Consultar referencias

Solicitudes de Referencia

Os provedores poderán realizar dous tipos de solicitudes sobre as súas fichas comerciais:

  • Baixa: permite solicitar a baixa dunha determinada referencia
  • Cambio: permite solicitar un cambio na información da ficha comercial dunha determinada referencia.

Creación de solicitudes de ba¡xa

As solicitudes de baixa de referencias realízanse na pantalla de consulta de fichas comerciais. En cada elemento da listaxe amósase o botón que permite xerar unha solicitude de baixa para a ficha comercial que lle corresponda.

 

Solicitude de Baixa Referencia

Catálogo Provedor- Búsca de Referencias - Solicitude de Baixa

 

Creación de solicitudes de cambio

Para crear unha solicitude de cambio débese acceder ao detalle dunha ficha comercial concreta. Unha vez no detalle, poderanse modificar os seguintes campos:

  • Ficha Comercial
    • Referencia: se se modifica o valor créase unha solicitude de cambio que inclúe un cambio na referencia. Este tipo de cambio debe ser xustificado anexándolle documentación.
    • Denominación: denominación común do produto que figura no catálogo do provedor para a referencia de que se trate.
    • Ref. Fabric.: referencia coa que o fabricante denomina o produto.
    • Marca: marca comercial do producto.
    • Modelo: modelo do produto.
    • Código Grupo CEE: código do grupo de clasificación do produto según a normativa europea para produtos sanitarios.
  • Características Produto
    • Látex: campo que indica si o produto conten látex nalgúns dos seus compoñentes.
    • Medida o Determ.: medidas asociadas ao produto.
    • Estéril: indica si o produto presentase esterilizado.
    • Conservación: indica si o produto necesita refrixeración.
    • Temperatura Mínima: indica a temperatura mínima na que debe ser almacenado un produto.
    • Temperatura Máxima: indica a temperatura máxima na que debe ser almacenado un produto.
  • Ficha Loxística
    • Unidade Mínima de Envasado: unidade mínima de envasado na que o provedor suministra o produto.
    • Unidade Mínima de Venta: unidade mínima de venta na que o provedor suministra o produto.
    • GTIN Simbolizado: indica se o código GTIN está impreso na embalaxe do produto.
    • Tipo Simbolizado: indica o tipo de simbolizado do código GTIN.

Solicitude de Cambio - Detalle Ficha Comercial

Catálogo Provedor- Solicitude de Referencia

Ao pulsar o botón Modificar xerarase unha solicitude de cambio de referencia. A partir dese momento o detalle da ficha comercial pasará a amosar a información contida na solicitude. Os campos que amosen unha C indicarán que se modificaron e, debaixo de cada un destes campos, amosarase o valor orixinal do catálogo.

 

Xustificar solicitudes de referencia

Cando nunha solicitude de cambio de referencia inclúa unha modificación do campo referencia compre xustificar ese cambio anexando documentación á referencia. Mentres non se xustifique o cambio, amosarase unha mensaxe lembrando o estado en que se atopa a referencia.

referencia necesita justificar

Catálogo Provedor- Solicitude Referencia - Referencia sen xustificar

 

Documentación Asociada

Na parte superior do detalle da ficha comercial atópase unha ligazón denominada Documentación Asociada que permite acceder á pantalla de consulta da documentación dunha determinada referencia así como realizar solicitudes de alta ou baixa de documentación.

As solicitudes de alta ou baixa de documentación están incluídas dentro das solicitudes de cambio de referencia.

Solicitude de baixa de documentación

Para realizar unha solicitude de baixa é necesario premer sobre o botón botón baja situado ao final de cada elemento da listaxe que contén os documentos da ficha comercial.

Solicitude Baixa Documentación

Documentación Asociada - Solicitudr de Baixa

As solicitudes de baixa de documentación amósanse na listaxe coa icona icono solicutud baja que indica que ese elemento representa unha solicitude de baixa de documentación en curso.

Poderase obter unha copia do documento pulsando sobre o nome ou sobre a descrición do mesmo.

Solicitude de alta de documentación

Podese realizar unha alta de documentación de duas maneiras:

  • Enderezo URL: indicando unha url onde se localiza o arquivo no campo Enderezo URL canda o campo opcional descrición. Unha vez completos pulsarase sobre o botón Aceptar para cursar a solicitude.
     
  • Arquivo: Indicando o arquivo físico no campo Documento. Neste campo introducirase a ruta física do arquivo que se desexa utilizar.

Solicitude Alta Documentacion - Explorador

Documentación Asociada - Explorar arquivos

As solicitudes de alta de documentación amósanse na listaxe coa icona solicitud alta documentación.

Poderase obter unha copia do documento premendo sobre o nome ou sobre a descrición do mesmo.

 

Anular solicitudes de referencia

Se se desexa anular unha solicitude realizada para unha determinada referencia bastará con acceder o detalle da ficha comercial da mesma e pulsar sobre o botón Anular. Esta acción anula a solicitudes e as de documentación que tivese asociadas.

No caso de querer anular algunha solicitude de documentación cumprirá acceder á pantalla da documentación, e unha vez alí premer sobre o botón botón baja sobre os elementos da listaxe que representan solicitudes en curso.