Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde Oficina Virtual do Profesional
CASTELLANO | GALEGO
Ayuda
 

Consultar Histórico - Detalle das Solicitudes de Referencia

Dentro do histórico de cargas é posible consultar o detalle de cada unha das solicitudes que forman parte dunha determinada carga.

Nesta pantalla amósase o detalle das solicitudes de referencia. Componse de dúas seccións:

  • Datos da solicitude: amosa datos referentes ao estado no que se atopa a solicitude
  • Ficha comercial: amosa os campos que compoñen a ficha comercial da referencia coa información da solicitude e os do catálogo no momento en que se realizou a mesma

Histórico Cargas - Detalle Solicitude

Consultar Histórico - Detalle solicitude referencia

Xustificar solicitudes de referencia

Cando nunha solicitude pendente de cambio de referencia se inclúe unha modificación no valor da referencia do provedor compre xustificar ese cambio anexando documentación á referencia.

Mentres non se xustifique o cambio, mostrarase unha mensaxe lembrando o estado en que se encontra a referencia.

mensaje no justificada

Consultar Histórico - Xustificar Referencias

 

Solicitudes de documentación

Na parte superior do detalle da ficha comercial atópase unha ligazón denominada Ver solicitudes documentación que permite acceder á pantalla de consulta das solicitudes de documentación dunha determinada referencia.

Aquelas solicitudes en estado pendente que necesitan ser xustificadas (implican un cambio de valor na referencia do provedor) teñen a posibilidade de realizar solicitudes de alta de documentación dende esta pantalla.

Para realizar unha solicitude de alta de documentación cómpre diferenciar se se trata dun enderezo URL ou dun ficheiro:

  • Enderezo URL: para xerar unha solicitude de alta dunha URL utilizarase o campo Enderezo URL canda o campo opcional descrición. Unha vez completados pulsarase sobre o botón Aceptar para cursar a solicitude.
     
  • Arquivo: para xerar unha solicitude de alta dun arquivo utilizarase o campo Documento. Neste campo introducirase a ruta física do arquivo que se desexa utilizar. Para facilitar a selección dun determinado arquivo pódese acceder o explorador de arquivos do navegador. Está acción realízase a través do botón Examinar situado ao final do campo Documento.

Histórico Cargas - Documentación Asociada

Documentación Asociada - Explorar arquivos

As solicitudes de alta de documentación móstranse na listaxe coa icona solicitud alta documentación que indica que ese elemento representa unha solicitude pendente.

Poderase obter unha copia do documento premendo sobre o nome ou sobre a descrición do mesmo.

No caso de querer anular algunha solicitude de documentación terase que acceder dende ao detalle da ficha comercial (premendo o enlace correspondente), e unha vez alí premer sobre o botón botón baja sobre os elementos da listaxe que representan solicitudes en curso.

 

Opcións dispoñibles

Enuméranse as opcións dispoñibles:

  • Volver: permite regresar a listaxe de cargas
  • Aceptar: permite confirmar a creación da solicitude de alta de documentación