Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde Oficina Virtual do Profesional
CASTELLANO | GALEGO
Ayuda
 

Catálogo Produtos - Consultar Histórico

Resultados de Busca

Está páxina permite consultar ó histórico das cargas de solicitudes que se realizaron.

Pantalla de datos

Histórico Cargas - Resultados
Catálogo Provedor- Consultar Histórico - Filtro de busca con resultados

No resultado da busca amósase información xeral das cargas que cumpren os valores introducidos no filtro de busca. As columnas amosadas son:

  • Ref. Carga: código da carga
  • Data: data na que se realizou a carga
  • Hora: hora na que se realizou a carga
  • Tipo Carga: tipo de carga
  • Tipo Actualización: tipo de actualización da carga
  • Pendentes Xustificar: indica o estado das solicitudes pendentes de xustificar da carga
  • Ref. Tramitadas: indica o estado das solicitudes tramitadas da carga
  • Ficheiro Carga: permite obter unha copia do arquivo excel que orixinou a carga (só para cargas de tipo masivo)
  • Acceder a detalle: acceso ao detalle dunha determinada carga permitindo a consulta de todalas solicitudes de referencia/GTIN asociadas a dita carga.
  • Eliminar Carga: soamente en cargas masivas con TODAS as súas solicitudes pendentes de ser tramitadas
    • Acceder a detalle: botón que permite realizar a baixa dunha carga masiva concreta. Pedirase confirmación para eliminar definitivamente a carga e soamente será posible eliminar unha carga cando todas as solicitudes que a compoñen están pendentes de ser tramitadas.

É preciso lembrar que todalas solicitudes realizadas dende o detalle dunha ficha comercial (tanto de referencia como de GTIN) atópanse recollidas na carga correspondente de tipo manual que non será posible eliminar.

Opcións dispoñibles

  • Paginador y Número de Resultados: liña de estado que nos indica o intervalo de solicitudes amosadas actualmente na lista de entre o total de resultados da busca
  • Seguinte: botón que accede ao conxunto de elementos seguintes. Cando non hai máis elementos non se amosa ó usuario
  • Anterior: botón que accede ao conxunto anterior de elementos. Cando non hai máis elementos non se amosa ó usuario
  • Primeiro: botón que accede ao conxunto inicial. Cando nos atopamos ó comezo non se amosa al usuario
  • Último: botón que accede ao conxunto final da lista. Cando nos encontramos ao final non se amosa ó usuario
  • Acceder a detalle: acceso ao detalle dunha determinada carga permitindo a consulta de todalas solicitudes de referencia/GTIN asociadas a dita carga.

Obter unha copia do arquivo de carga

Para as cargas de tipo masivo é posible obter unha copia do arquivo excel que se utilizou para xerar as solicitudes do seu interior premendo na icona obtener fichero situada na listaxe de resultados.

Histórico Cargas - Arquivo Carga

Catálogo Provedor – Consultar Histórico - Arquivo de carga