Xunta de Galicia - Consellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde Oficina Virtual do Profesional
CASTELLANO | GALEGO
Ayuda
 

Catálogo Produtos - Carga Masiva

Carga Masiva de GTIN

Nesta pantalla realízase a carga masiva de solicitudes de GTIN. O proceso realízase nos seguintes pasos:

Carga Masiva GTIN - Formulario

Carga Masiva - Carga Masiva de GTIN

Obter a plantilla de solicitudes de GTIN

En primeiro lugar déberase obter unha plantilla sobre a que introducir a información dos GTINs sobre os que realizar as solicitudes.

Hai dúas posibilidades que permiten obter unha plantilla:

  • Obter a plantilla xenérica na propia pantalla desta funcionalidade a través da ligazón disposta para tal fin (aparecen marcadas noutra cor e co símbolo (*) as cabeceiras que se poden modificar), ou
  • Exportar a excel os GTINs de referencia sobre os que se desexa traballar a través da funcionalidade de detalle da ficha comercial. É necesario destacar que NON se pode modificar a orde dos campos, debendo manterse a que presenta o documento de igual maneira que tódolos campos introducidos deben ser de tipo texto

Carga Masiva GTIN - Plantilla

Carga Masiva - Carga Masiva GTIN- Plantillas

Completar a plantilla

Unha vez obtida a folla excel sobre a que traballar é preciso completala. Para elo debe ter en conta os campos sensibles a cambio para xerar a solicitude.

Os campos que se poden modificar son os mesmos que dende as solicitudes de GTIN:

  • Referencia: código da referencia a que se asocia o GTIN
  • Baixa: indica se a solicitude é de baixa. Só debe completarse cando se desexe dar de baixa un códigos GTIN. Noutro caso deberá ser baleiro. Pode tomar o seguinte valor:
    • S: crea unha solicitude de baixa para o GTIN.
  • GTIN: serie numérica que identifica o GTIN. É un campo que é necesario cubrir.
  • Cantidade Unidade Envasado: indica a cantidade da unidade de envasado que identifica ó GTIN. Debe completarse sempre.
  • Contido: indica o tipo de embalaxe do GTIN. Debe completarse sempre.
  • Pedido: Debe completarse sempre. Valores que pode conter:
    • S: Sí
    • N: Non

Enviar a plantilla

Tras completar a plantilla cos cambios desexados debe ser enviada ó sistema para ser procesada. Para elo, dentro da pantalla da funcionalidade, debese proporcionar a ruta ata a folla excel ben introducindo dita ruta no campo Subir Arquivo ou ben seleccionando o arquivo mediante o botón Explorar. A continuación, debese premer o botón Aceptar para confirmar o envío.

Carga Masiva GTIN - Resultados

Carga Masiva - Carga Masiva GTIN- Resultado Proceso

Cada proceso de carga xera un informe en pantalla onde se amosa o resultado da operación, que se desglosa nos siguintes grupos:

  • Número de altas: indica o número de solicitudes de alta que se xeraron.
  • Número de baixas: indica o número de solicitudes de baixa que se xeraron.
  • Número de cambios: indica o número de solicitudes de cambio que se xeraron.
  • Número de rexistros non procesados: indica cuantos rexistros non procesados se toparon

Asociados a cada grupo amosanse unha serie de controles que permiten:

  • desplegar listado : despregar un listado co resultado do procesamento individual de cada unha das fila
  • contraer listado : contraer o listado

Carga Masiva GTIN - Resultados

Carga Masiva - Carga Masiva GTIN- Plantillas

Opcións dispoñibles

A continuación enuméranse as opcións dispoñibles:

  • Aceptar: confirma o envío dunha plantilla con solicitudes para o seu procesamento
  • Limpiar: permite limpar la pantalla
  • Examinar: abre o explorador de arquivos do navegador